As instalacións de produción atópanse no Agro dos Barreiros, no lugar do Maio, na vila coruñesa de Esteiro. Consta duns invernadoiros que ocupan preto de 3000 metros cadrados para a realización de cultivo intensivo de flores.
Punto de venda 1
Realizamos venda direta na Ribeira de Solleiros, en Santa Mariña de Esteiro, que é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.216 habitantes (1.154 mulleres e 1.062 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.273 habitantes.
Punto de venda 2
Os nosos produtos tamén se venden no local de Portosín, que é unha das vilas do concello de Porto do Son. Está situado na parroquia de Goiáns. Esta vila conta cun porto pesqueiro e un importante club náutico.